ACTIVIDADE 25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Actividades orientadas a visibilizar a violencia contra as mulleres coa colaboración da asociación Euro Eume.
CELEBRACIÓN E CONCURSOS DE NADAL
Na celebración de Nadal do centro houbo un mercadillo de doces ubicado no patio interior e un aperitivo no comedor. Ademáis ese día resolvéronse concursos como o de «Tarxetas do nadal» e o de «Adorna o teu Nadal» no que se intercambiaban obxetos de decoración navideña entrando deste xeito nun sorteo de doces.

XADREZ NA BIBLIOTECA
Actividade organizada pola coordinación de biblioteca e que se desenvolve durante os recreos co obxectivo de fomentar o xadrez entre o alumnado e promover a asistencia á biblioteca.

ENTROIDO
Actividade organizada pola coordinación de dinamización da lingua galega. Á celebración amenizouse co entroido tradicional de Samede (Paderne) e con doces típicos elaborados polo alumnado.