CM Cociña e gastronomía
Ciclo formativo de grao medio
Perfil profesional
Duración: 2.000 horas
¿Que se aprende a facer?
Executar as actividades de preelaboración, preparación, conservación, terminación e presentación, e servizo de todo tipo
de elaboracións, culinarias no ámbito da produción en cociña, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando
segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
¿Onde se realiza o traballo?
En empresas grandes,medianas e pequenas, nomeadamente do sector de hostalaría, aínda que tamén poden traballar por
conta propia en pequenos establecementos do subsector de restauración. En sectores e subsectores produtivos e de
prestación de servizo onde se desenvolvan procesos de preelaboración, elaboración e,de ser o caso, servizo de alimentos
e bebidas, como é o sector de hostalaría e, no seu seo, as subáreas de hotelaría e restauración (tradicional, moderna e
colectiva).
Tamén en establecementos dedicados á preelaboración e á comercialización de alimentos crus, tendas especializadas en
comidas preparadas, empresas dedicadas á almacenaxe, ao envasado e á distribución de produtos alimentarios e outros.
¿En que postos de traballo?
Cociñeiro/a, Xefe/a de partida, Empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas.
¿Cales son os módulos deste ciclo e os seus resultados de aprendizaxe?
¿Que titulo se obtén?
Técnico en cociña e gastronomía
¿A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio ou grao superior.