CB Cociña e Restauración
Ciclo formativo básico
Perfil profesional
Duración: 2.000 horas
¿Que se aprende a facer?
Realizar con autonomía as operacións básicas de preparación e conservación de elaboracións culinarias sinxelas no ámbito da produción en
cociña, así como as operacións de preparación e presentación de alimentos e bebidas en establecementos de restauración e catering,
asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene,
prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en
linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
¿Onde se realiza o traballo?
Actividades por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas do sector da hostalaría, en establecementos de restauración, bares e
cafetarías, en tendas especializadas en comidas preparadas e en empresas dedicadas ao almacenamento, o envasamento e a distribución de produtos alimenticios. Tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos dos subsectores de hostelaría e restauración tradicional, moderna ou colectiva.
¿En que postos de traballo?
Axudante ou auxiliar de cociña; axudante de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas; auxiliar ou axudante de
camareiro/a en sala; auxiliar ou axudante de camareiro/a en bar-cafetaría; auxiliar ou axudante de barman; auxiliar ou axudante de cociña en
establecementos onde a oferta estea composta por elaboracións sinxelas e rápidas (tapas, pratos combinados, etc.); axudante de economato
de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas.
¿Que titulo se obtén?
Título profesional básico en Cociña e Restauración.
¿A que outros estudos se pode acceder?
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión,
no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:
• Hostalaría e turismo
• Imaxe persoal
• Industrias alimentarias
Para mais información sobre o curriculo, consultar: