CM Servizos en restauración
Ciclo formativo de grao medio
Perfil profesional
Duración: 2.000 horas
¿Que se aprende a facer?
Realizar actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas, así como as de atención á clientela no ámbito da restauración, seguindo os protocolos de seguridade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental
¿Onde se realiza o traballo?
En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría, aínda que tamén pode traballar por conta propia en pequenos establecementos de restauración. Esta profesión desenvólvese en sectores e subsectores produtivos en que se desenvolvan procesos de elaboración e servizo de alimentos e bebidas, como o sector da hostalaría e, no seu marco, as áreas de hostalaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva).
¿En que postos de traballo?
Camareiro/a de bar e cafetaría ou restaurante, Xefe/a de rango, Empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas, Barman, Axudante de somelier, Auxiliar de servizos en medios de transporte.
¿Cales son os módulos deste ciclo e os seus resultados de aprendizaxe?


¿Que titulo se obtén?
Técnico en servizos en restauración.
¿A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio ou grao superior.