CS Dirección de Cociña

Ciclo formativo de grao medio

Perfil profesional

Duración: 2.000 horas

¿Que se aprende a facer?

Dirixir e organizar a produción e o servizo en cociña, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, a produción e o servizo, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

¿Onde se realiza o traballo?

En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría e, en concreto, do subsector de restauración. Poden actuar en pequenos establecementos, en moitas ocasións como propietario ou propietaria e responsable de cociña simultaneamente. Malia desenvolver habitualmente a súa actividade profesional en establecementos de carácter privado, tamén pode desenvolvela en establecementos públicos, fundamentalmente nos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais. Cando non actúan por conta propia, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección do establecemento, sexa este un hotel ou sexa outro tipo de aloxamento ou establecemento de restauración ¿En que postos de traballo? Camareiro/a de bar e cafetaría ou restaurante, Xefe/a de rango, Empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas, Barman, Axudante de somelier, Auxiliar de servizos en medios de transporte. 

En que postos de traballo?

Director/ora de alimentos e bebidas, Director/ora de cociña, Xefe/a de produción en cociña, Xefe/a de cociña, Segundo/a xefe/a de cociña, Xefe/a de operacións de cátering, Xefe/a de partida, Cociñeiro/a, Encargado de economato e adega.

¿Cales son os módulos deste ciclo e os seus resultados de aprendizaxe?

¿Que titulo se obtén?

Técnico superior en dirección de cociña.

¿A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.

(Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.)