Experiencias Erasmus+
Vila Vita Parc Resort (Algarve, Portugal)
Do 27 de marzo ao 31 de maio de 2023
Proxecto 2020-1-ES01-KA103-079499
Sandra Mera e Raquel Iglesias contan a súa experiencia de mobilidade:
Nosotras, Sandra Mera y Raquel Iglesias, hemos tenido la fortuna de realizar nuestras prácticas con una beca Erasmus.
Hemos vivido una experiencia formativa en el Vila Vita Parc Resort, en Porches, Portugal.
Formación y experiencia laboral única en uno de los mejores sitios posibles para nuestro futuro profesional. Una opción muy a tener en cuenta para el alumnado de Dirección de Servicios.
Gracias al Vila Vita Parc Resort, a nuestro centro y a los dos tutores (empresa y centro educativo): Vanessa y Samuel, que nos ha guiado por esta experiencia profesional.
BBS Cuxhaven (Cuxhaven, Alemaña)
Do 08 ao 12 de maio de 2023
Proxecto 2020-1-ES01-KA103-079499
Susi Díaz, orientadora do centro, relátanos a súa estadía.
A segunda semana de maio do curso 2022/23 tiven a oportunidade de viaxar a Alemaña para realizar un proxecto de mobilidade internacional dentro do programa Erasmus+ para profesorado.
O centro que me acolleu foi o BBS CUXHAVEN, na cidade de Cuxhaven, situada no norte de Alemaña, cerca de Dinamarca. É un centro de FP con varias especialidades entre as que se encontran Cociña e Servizos en Restauración.
O alumnado do centro é moi diverso tanto en idade como e nacionalidade, contando con bastante alumno migrante de Siria, Afganistán, Túnez e Ucrania.
A coordinadora do centro foi Susanne, profesora de inglés. Fun moi ben acollida e tiven a sorte de poder observar o traballo que realizan tanto a traballadora social, Anja, como a orientadora profesional, Christina.
Tiven tamén a oportunidade de xantar dous días no restaurante do centro a comida elaborada por alumnado de Cociña, e servida polo alumnado de Servizos.
Foi interesante ver como funciona a FP dual, un modelo tan implantado en Alemaña. Tamén, facer un contacto para incrementar o grao de internacionalización do CIFP Fraga do Eume, para que o noso alumnado poida realizar a FCT en empresas de Cuxhaven.
Fuu-Sachsen (Chemnitz, Alemaña)
Do 08 ao 12 de maio de 2023
Proxecto 2020-1-ES01-KA103-079499
Antón Pernas, profesor de Hostalería e Turismo, cóntanos a súa experiencia en Chemnitz.
Durante o mes de maio de 2023 viaxei a Chemnitz (Alemaña) para realizar un proxecto de mobilidade internacional no marco do programa Erasmus + para profesorado, na escola de FP Fuu-Sachsen. Foi unha experiencia súper enriquecedora a nivel persoal e profesional. Moi recomendable!
Chemnitz é unha cidade con preto de 250.000 habitantes, situada no estado federado de Saxonia, preto da fronteria coa República Checa. Para facernos unha idea, atópase a medio camiño de Praga e Berlín, que están a unhas 3 horas en tren. É a terceira cidade máis grande do estado despois de Leipzig e Dresde.
Entre 1953 e 1990, durante a vixencia da República Democrática Alemá (RDA), a cidade recibiu o nome de Karl-Marx-Stadt (Cidade de Karl Marx). Trátase dunha cidade con perfil industrial, pero na actualidade estase abrindo ao turismo e ao sector servizos. De feito, en 2025 será Capital Europea da Cultura. Sorprendeume gratamente a verdade. Incluso ten unha central térmica que rematará a súa actividade en 2023, e unha cheminea de máis de 300 metros de altura cunha intervención artística do deseñador Darien Buren, pintada e iluminada con cores . Para un pontés como eu, fíxome sentir como na casa .
Alí recibiume Tina, a responsable de proxectos internacionais da escola Fuu-Sachsen. Esta escola, con máis de 2000 alumnos, ten unha oferta educativa variada, nos ámbitos industrial, socio sanitario, educativo… e de hostalería e turismo.
Durante a miña estancia tiven a axenda chea de interesantes actividades orientadas ao intercambio de coñecemento e á aplicación práctica:
Charla sobre o funcionamento da FP dual en Alemaña
Visita ás instalacións da BBS Gerd Condé, onde se imparten estudos da rama de Hostalería e Turismo
Establecemento dun acordo de colaboración para prácticas de alumnado
Clase de servizos de restauración; montaxe de mesa para menú pechado
Clase de márketing turístico: as 4P na restauración
Clase de gastronomía e nutrición: os postres en Alemaña
Clase sobre Erasmus +: presentación do CIFP Fraga do Eume e da oferta turística e gastronómica de Galicia
Reunións co equipo docente sobre o uso e o impacto da intelixencia artificial na educación, sistemas de calidade e actividades innovadoras de apoio educativo
Asemade, compre sinalar que e a localización “estratéxica” de Chemnitz permitiume visitar as cidades de Praga, Berlín, Dresden ou Chemnitz. Todo un luxo para un profesional do turismo
En definitiva, como docente quedo francamente satisfeito desta intensa pero agradable experiencia. Saquei boas ideas de aplicación no sistema educativo galego e no meu día a día na aula. Tamén considero que se veu incrementado o grao de internacionalización do CIFP Fraga do Eume co establecemento dunha rede de contactos para a realización de mobilidades en hoteis e restaurantes en Alemaña. Auf ins nächste Abenteuer!
Berufskolleg für Gestaltung und Technik en Aachen (Alemaña)
Do 08 ao 12 de maio de 2023
Proxecto 2020-1-ES01-KA103-079499
Ana Álvarez Paz, profesora de inglés, relátanos a súa experiencia en Aquisgrán.
No mes de maio do curso 2022/23 tiven a oportunidade, por primeira vez, de participar nun programa Erasmus que incluía mobilidade. O meu destino foi Aachen (Aquisgrán), a cidade máis occidental de Alemaña que está na fronteira con Bélxica e os Países Baixos. O meu contacto alí foi unha profesora de inglés e español de orixe catalá, que leva vivindo en Alemaña máis de vinte anos. O centro no que traballa, e que me acolleu, como profe visitante é o Berufskolleg für Gestaltung und Technik, un centro de formación profesional adicado ao deseño e á tecnoloxía, onde, ademáis impártese o equivalente ao bacharelato español. O alumnado é moi diverso, xa que estudan para acadar títulos moi diferentes e as idades van dende os dezaseis ata os vintetantos anos e, aínda que a maioría son alemáns, moitos deles son inmigrantes de moi diversas orixes (sirios, turcos, polacos…) e máis varios grupos específicos de refuxiados ucraínos.
Todo o profesorado foi moi amable e fun quen de observar diferentes clases tanto de inglés como de español con diferentes docentes e diferentes métodos. O nivel de inglés do alumnado é variado, aínda que en xeral falan de xeito fluído. Algunhas clases baséanse na comunicación, facendo presentacións e a preparación de análise de textos, mentras que outras céntranse máis en vocabulario e gramática.
O horario do centro é de 8:00 a 15:00 h, polo que tiña as tardes libres para facer alguna visita guiada por Aachen e incluso pasar alguna tarde en Maastricht. Unha das visitas que fixen foi ao Internationales Zeitungmuseum (o museo internacional da prensa) xa que Achen é a cidade onde naceu a axencia Reuters. Esta visita a fixen xunto cun grupo de profesorado e alumnado daneses que estaban tamén a visitar o centro durante dúas semanas.
A experiencia foi tremendamente positiva tanto no eido personal como no profesional, xa que puiden acadar unha visión diferente de como impartir as clases de lingua dun xeito máis baseado na comunicación.
Job Shadowing en Vantaa (Finlandia)
Do 11 ao 17 de maio de 2022
Proxecto 2019-1-ES01-KA103-062725
Débora López Iñiguez, profesora de Hostalaría e Turismo, cóntanos a súa experiencia no centro Varia Vocational College en Vantaa, Helsinki.
En la primavera de 2022, tuve la oportunidad de realizar una movilidad para profesorado en Finlandia.
Mi centro de acogida fue Varia Vocational College (Vantaa, Helsinki), donde trabajé una semana con Jaana, (una maravillosa colega con muchos años de experiencia, tanto en docencia, como en empresas del sector turístico), y su alumnado, un grupo multicultural (nacionalidades muy dispares: China, Japón, Nepal, Filipinas, Camerún, Ghana, Perú, Estonia, y por supuesto, Finlandia) realmente muy acogedor.
Los primeros tres días trabajamos un poco de Geografía; yo tuve una intervención, de algo más de una hora, en la que expuse un breve viaje por España, detallando, como me solicitaron, la oferta turística de Galicia. Continuamos con un debate en el que, la mezcla de las procedencias del grupo hizo su «magia», a medida que surgían preguntas y observaciones imprevistas para mi, y me parecieron muy interesantes.
A continuación, me «devolvieron la pelota», exponiendo trabajos sobre los productos turísticos de las regiones de su país de acogida, en sesiones coffee learning programadas por su profesora, para generar un ambiente que fomente la espontaneidad y al mismo tiempo que se acerque a la realidad laboral; también, tuve ocasión de asistir, invitada por otra compañera, a las exposiciones sobre cultura finlandesa de su alumnado.
Los últimos días, me explicaron la estructura del sistema educativo finlandés, con una charla debate muy enriquecedora respecto a lo que, según el criterio de cada persona era acertado o mejorable, buscando lugares comunes y elementos diferenciadores con el nuestro.
En la misma línea, ya en el último día de clase, en la materia de protocolo, me preguntaron muchas cosas sobre detalles de acogida a clientes del sur de Europa en general, y especialmente las y los españoles, intercambiando impresiones sobre las diferencias entre nuestras culturas de origen.
A lo largo de la semana, incluimos en el programa de actividades, una visita guiada al centro de Helsinki, y otra al Museo de Arte Amos Rex, como una práctica laboral.
Ha sido una experiencia muy positiva, con un final abierto, pues espero que la relación entre las dos escuelas continue, que otros compañeros y compañeras puedan visitar Vantaa, que nuestros alumnado pueda realizar su FCT allí, y también, recibir nosotros tanto a profesorado como a alumnado, los próximos años.
FCT en Portugal, Irlanda e Italia
Periodo FCT curso 21/22
ERASMUS+ Convenio 2019-1-ES01-KA103-062725
Catro estudantes de CS realizaron a FCT no estranxeiro:
- Un alumno de Dirección de Servizos no Feelviana Sport Hotel de Viana do Castelo en Portugal.
- Unha alumna de Dirección de Servizos no Lyrath Estate Hotel en Kilkeny, Irlanda.
- Dous alumnos de Dirección de Cociña no restaurante Acquolina de Roma, Italia.
O noso alumando gozou da oportunidade de continuar a súa formación no estranxeiro facendo unha inmersión lingüística, coñecendo outras culturas e, por suposto, mellorando o seu currículo.
Parabéns!