Formación na Empresa
A Formación na Empresa, é un módulo máis do Ciclo Formativo, que se realiza ao final do mesmo, unha vez superados todos os módulos do ciclo. Este módulo de Formación na Empresa, faise nun Centro de Traballo dunha Empresa a tempo completo, durante un período de 400 ou 500 horas, dependendo do Ciclo Formativo, e seguindo un programa formativo, que contén unha relación de capacidades terminais, que se pretenden adquirir.
Durante este tempo, o alumnado estará titorado na Empresa por un titor ou titora do Centro de traballo, e no Centro Educativo polo seu titor ou titora de Formación na Empresa. O alumnado ten que asistir cada 15 días ao Centro Educativo, para informar e consultar co seu titor ou titora. O titor ou titora do Centro Educativo, estará en contacto co do Centro de traballo, e visitará ao alumno/a no mesmo, a lo menos, dúas veces durante o período da Formación na Empresa.
O modulo de FCT, realizase de forma ordinaria, no período abril-xuño, e de forma extraordinaria, nos períodos setembro-decembro e xaneiro-marzo. Para os períodos extraordinarios, é preciso formalizar nova matricula. Ao longo do mes de marzo, e previo a realización do período ordinario da FCT o Coordinador de Educación e Emprego, convocará a todo o alumnado do último curso, para informarlle polo miúdo de todo o relacionado ca FCT, modalidades, períodos, renuncias, convalidacións, forma de desenvolvemento das mesmas, axudas etc.
