Historia
HISTORIA
O CIFP Fraga do Eume entrou en funcionamento no curso 1987/88 como Instituto de Formación Profesional de Pontedeume (I.F.P. Pontedeume) converténdose no segundo centro de Galicia que ofertou a especialidade de hostalería. Dende a súa apertura compartiu instalacións co I.B. de Mugardos, colaboración que durou ata o remate do curso 1988/89.
Nos seus inicios ofertaba FP-I de cociña e servizos, compartindo ambas especialidades o horario lectivo das materias académicas.
Os talleres de prácticas estaban separados do edificio principal, carecían de instalacións e dotación, polo que os mesmos non entraron en funcionamento ata mediados de curso. Inicialmente contemplábase que o aula-comedor estivese situada na zona mais próxima a ría para favorecer as vistas dende o mesmo, pero os problemas xerados polo subministro e instalacións de gas para a cociña obrigaron a modificar o proxecto.
No curso 1989/90 por mor da demanda e mobilización do alumnado, implantouse FP-II. Habilitase un acceso entre os talleres e o edificio principal, pasando a ocupar todo o taller as instalacións de cociña e reubicando as instalacións de comedor no edificio principal, onde continúan a dia de hoxe.
No ano 1989 continuando coa liña de innovación que sempre nos caracterizou o centro foi seleccionado xunto con outros sete da comunidade para implantar a modo experimental a Reforma do Ensino Medio (REM) para o que se contou coa colaboración de profesorado do Couceiro Freijomil. Sendo tamén pioneiro na implantación da ESO (90/91) na nosa comunidade autónoma no ano 1991. Pasando a ofertar así mesmo os Bacharelatos de Ciencias e bacharelato Lingüístico no ano 93.
No ano 1992, o centro cambio o seu nome polo de IFP Fraga do Eume e no ano 1996 pasa denominarse IES Fraga do Eume.
Este centro tamén foi dos primeiros en participar en programas de intercambio no estranxeiro, na década dos 90 e na implantación do sistema Abalar 2009.
En 1996, o centro comeza o ofertar os ciclos formativos de formación profesional, comezando a súa oferta polos CM de Cociña e CM de Servizos de Restaurante-bar. Posteriormente ampliase a oferta co ciclo superior de Restauración (1997) e co CM de Panadaría-Pastelaría(2001)
No ano 2000 celebrase o primeiro concurso de cociña en memoria do profesor Xosé Rodríguez-Moldes Rey, por petición popular do alumnado, tendo un carácter interno. A partires do ano 2001 convertese nunha cita a nivel autonómico, e xa no 2002 incorporase ao mesmo a disciplina de coctelaría
No 2008 comezase a ofertar os primeiros módulos de ensinanzas modulares do ZM de Cociña e Gastronomía
No ano 2009 implántanse as ensinanzas de PCPI (actual FPB) e no 2010 o CS de Dirección de Servizos de Restauración
No ano 2012 Amplíanse as instalacións de Panadaría-Pastelaría e no 2017 constrúese unha nova aula-taller de bar-cafetaría
En xullo de 2021 o IES Fraga do Eume transfórmase no CIFP Fraga do Eume, ofertando ciclos formativos da Familia Profesional de Hostelaría e Turismo e Industrias alimentarias.