Uniformes: Equipo básico, obrigas do alumnado

Descarga aquí a listaxe de material e uniformes 

Uniforme:

Tal e como se indica nas Normas de Organización e Funcionamento (NOF):

  • O alumnado acudirá as clases que se desenvolven en talleres, co uniforme completo que foi requirido ao inicio do curso, respectando as normas de uniformidade acordadas polos departamentos afectados, así como as normas hixiénicos sanitarias.

Obrigas do alumnado:

Tal e como se indica nas Normas de Organización e Funcionamento (NOF):

  • Tódolos membros da comunidade escolar observarán a máxima puntualidade no seu horario.
  • É responsabilidade de tódolos membros da comunidade escolar manter limpo o Centro. 
  • Tódolos membros da comunidade escolar deberán coidar o edificio, instalacións, moblaxe etc. e chama-la atención e, no seu caso, informar á dirección da actitude daquelas persoas causantes de desperfectos ou que non traten correctamente o material e dependencias do Centro.
  • O alumnado colaborará na organización, mantemento e limpeza xeral dos talleres e aulas baixo a supervisión do profesorado correspondente.
  • Respetaranse as normas de uso de talleres e aulas que se establezan dentro de cada un dos departamentos.
  • O alumnado deberá respetar as pertenzas doutros membros da comunidade educativa.
  • É un deber de toda a comunidade educativa, o cumprimento do establecido no Plan de convivencia do centro.
  • O alumnado matriculado polo réxime presencial ten a obriga de asistir a todas as clases do grupo ao que pertence e o deber de participar nas actividades orientadas ao desenvolvemento da programación e respectar os horarios aprobados para o desenvolvemento das actividades do Centro
  • É de obrigado cumprimento ter na aula o material escolar  propio de cada materia e utilizalo seguindo as indicacións do profesorado.