Normas en caso de evacuación

Se detectades un lume:

– Comunicádello ao persoal do centro máis próximo que atopedes.
– Non tratedes de apagar o lume.
– Abandonade o edificio.
– Unídevos ao/á profesor/a na área establecida de reunión para o voso grupo.

Se soa a alarma de evacuación:

– Mantede a orde.
– Atendede as indicacións do profesorado.
– Non vos demoredes recollendo obxectos persoais.
– Saíde de forma ordenada e sen correr.
– Non faledes durante a evacuación.
– Permañecede no punto de reunión preto do/a profesor/a da súa clase. Se no se chegase co/a profesor/a ao lugar de reunión, comunicaderéslle a vosa presenza unha vez que chegue.
– Esperade instrucións.