Servizos do Centro: Biblioteca, Comedor

Biblioteca
O CIFP Fraga do Eume entende a súa biblioteca como un espazo de uso común que debe ser
respectado ao máximo por tódolos membros da comunidade educativa por tratarse dun punto de
encontro de usuarios afeccionados á lectura, alumnado que desexa estudar, alumnado que utiliza
os equipos informáticos para a realización de traballos como tarefa das súas clases, profesorado
que desexa traballar con grupos de alumnado, etc. 

Obxectivos:

  •  Asegurar á toda comunidade educativa o acceso ao fondo de recursos bibliográficos e
    multimedia dos que dispón a nosa biblioteca.
  • Impulsar actividades que fomenten a lectura como medio de entretemento e información.
  • Recompilar toda a documentación existente no centro, así como os materiais e recursos
    didácticos relevantes.
  • Promover este espazo como punto de expansión, lecer, etc. mesturando o coñecemento
    coas inquedanzas do alumnado, punto neurálxico do centro, promovendo accións
    interdisciplinares.

Normas xerais de comportamento na biblioteca:

a. Cómpre apagar os móbiles antes de entrar na biblioteca.
b. É obrigatorio gardar silencio na biblioteca e respectar as persoas que están traballando.
c. Non se permite introducir comidas ou bebidas en ningunha zona da biblioteca, agás unha
botella de auga.
d. É obrigatorio respectar e conservar as instalacións, mobiliario e fondos documentais.
e. Está prohibido subliñar, pintar ou esgazar deliberadamente calquera dos seus elementos.
f. A extracción sen autorización da biblioteca de calquera documento suporá a aplicación
das sancións correspondentes.
g. Os usuarios e usuarias non poden alterar a disposición dos mobles.
h. A biblioteca non se fai responsables dos obxectos persoais dos usuarios e usuarias.
i. Non está permitida a reserva de postos de lectura.
j. O usuario ou usuaria ten a obriga de reintegrar o documento solicitado nas mesmas
condicións físicas en que se lle prestou.
k. En caso de perda ou deterioro de fondos, o usuario ou usuaria estará obrigado a restituír
unha obra idéntica á desaparecida ou deteriorada; ou no seu defecto abonar o importe do
documento. En tanto non se cumpra este requisito, o usuario ou usuaria quedará
suspendido de préstamo.
l. O profesorado de garda é o responsable do proceso de entrega e devolución dun
documento polo que en ausencia do mesmo non se poderán retirar libros da biblioteca.
m. Os alumnos que utilicen os computadores, deberán apuntar nun caderno situado no
mostrador de recepción, o seu nome, o número de computador e a hora en que o utilizaron.

Préstamos en biblioteca:

a. Só poderá realizar préstamos de fondos da biblioteca o profesorado de garda.
b. Antes de realizar o préstamo o profesorado de garda debe comprobar que o usuario ou
usuaria non ten máis de tres libros pendentes de devolución. Se un usuario ou usuaria ten
fondos pendentes de devolución, non poderá levar prestado máis de tres, non tendo
dereito á renovación.
c. Os fondos a disposición do alumnado serán libros, vídeos e DVDs. Non se prestarán o
resto de materiais especiais almacenados e catalogados na biblioteca como os libros
marcados como non prestables, as colección ou as revistas.
d. Os prazos de préstamo serán para o alumnado de 15 días, podendo levar até 3 libros ou
fondos por persoa non podendo prorrogarse este prazo ata transcorrer unha semana
dende a súa entrega. 
e. No caso de que algún alumno ou alumna continúe sen devolver o fondo prestado despois
de ser avisado na súa titoría, e o período de retención do mesmo supere os 40 días, o caso será                                                                    levado a Xefatura de Estudos, para a súa sanción dacordo co regulamento do centro

Comedor

Servizos:

  • Comidas: Luns, mércores e xoves de 14:25 a 15:25 horas.

Prezo: 3,50 €/ persoa (alumnado e profesorado deste curso académico da nosa comunidade educativa).
Usuarios de fóra da comunidade educativa: 7,50 €/ persoa nas comidas e 10 €/ persoa nas ceas.

Normas de funcionamento:

1. Adecuación a uns programas formativos.
2. Capacidade de aula taller.
3. Horarios de entrada e saída.
4. Composición de menú-carta. Variedade.
5. Distribución das mesas.
6. Límite orzamentario.

Normas de comportamento no comedor: Lembra: “entras nunha aula, non nun comedor”.

  • Mentres son chamados para entrar no comedor, de xeito ordenado, os comensais
    esperarán no corredor mantendo unha actitude e comportamento axeitados, de non ser
    así poderase denegar a súa entrada ao comedor.
  • Entrar de xeito ordenado e sen berrar, seguindo en todo momento as indicación dos
    responsables do servizo.
  • Deixar mochilas, libros, libretas, abrigos, etc. na entrada.
    Os comensais sentaranse na mesa asignada polo responsable do servizo.
  • Unha vez na mesa, deberán manter unha compostura axeitada (sen xogar, nin balancearse
    na cadeira, nin moverse do seu sitio, etc.).
  • Esperar con paciencia e compostura a ser servidos.
  • Deberán respectar todo o material, mobiliario e utensilios, sendo responsables do seu
    deterioro por mal uso.
  • Adquirir bos hábitos de alimentación e comer de todo o que se lles ofreza.
  • Falar cun tono de voz axeitado.
  • Seguir as normas establecidas á hora de comer: empregar correctamente os utensilios do
    comedor, usar as servilletas e masticar coa boca pechada, non falar coa boca chea, pedir
    as cousas por favor e dando as grazas, tratar con respecto aos alumnos e alumnas e
    profesorado que presta o servizo.
  • Non está permitido sacar ningún tipo de comida do comedor.
  • Queda terminantemente prohibido o uso de teléfonos móviles, tablets, etc.

Reservas:

As reservas faranse como mínimo con DÚAS SEMANAS de antelación procedendo do seguinte
xeito:
A partir de outubro as persoas interesadas se apuntarán en ADMINISTRACIÓN (Dorinda) nos
recreos dos mércores e xoves, podendo facer reserva para todo o mes ou trimestre.

Formas de pago:

1. A secretaría do centro procederá a entregar na última semana do mes en curso unha
carta de liquidación.
2. Nos primeiros 5 días do mes seguinte farase o abono da carta de liquidación,
entregada anteriormente.
3. Se non se cumpre co pago nos primeiros días non se poderá reservar ó comedor ata
que non se abone o debido.
4. Aqueles usuarios de fora da comunidade educativa que fagan reservas pechadas.
abonarán o mesmo día do xantar na conserxería.
5. Indicar no momento da reserva as intolerancias alimentarias (debidamente xustificadas) se
non se fixera antes.
6. Cada 5 comidas reservadas a 6ª será gratis.